A XII Festa dos Callos prevé despachar 2.000 racións, 300 máis que o ano pasado

A emblemática cita gastronómica terá lugar o vindeiro domingo na Seca. Utilizaranse 700 quilos de carne e 250 de garavanzos

La edil de Cultura, Lidia Salgueiro, junto a algunos miembros de la Asociación Boureante. DAVID FREIRE
photo_camera A edil de Cultura, Lida Salgueiro, xunto a algúns membros da Asociación Boureante. DAVID FREIRE

Lida Salgueiro, concelleira de Cultura, xunto a algúns membros da Asociación Boureante, presentaron na mañá do mércores a XII edición da Festa dos Callos, que se celebrará o vindeiro domingo na Seca.

A edil comezou destacando que se trata xa dunha festa consolidada no calendario gastronómico de Poio. "Setembro é un mes de despedida das vacacións, das festas gastronómicas típicas do verán. É un mes que nos recorda a volta da rutina e a volta ao cole, pero no noso concello non podemos estar tristes, xa que en Poio sempre temos unha alternativa de lecer. Este fin de semana, para empezar a facer corpo para o outono, temos un prato de culler na Festa dos Callos", transmitiu Salgueiro.

Esta comida popular manterá a esencia das edicións anteriores, a única novidade deste ano é que se servirán máis racións que os anos anteriores.

"O ano pasado vendemos 1.700 racións de callos, este ano pretendemos conseguir vender unhas 2.000 racións máis ou menos" explicou Paula Piñeiro, membro da Asociación Boureante.

Para a súa elaboración, as cociñeiras utilizarán 700 quilos de carne, entre touciño entrefebrado, ventre, chourizo, pata de tenreira, pezuña de porco e touciño; e 250 quilos de garavanzos, dez máis que o ano pasado.

As racións, terán un prezo de seis euros, e incluirán unha ración "cumprida" de callos, auga, pan e viño ou auga.

A partir das 12.00 horas poderanse comprar os billetes para adquirir a ración de callos.

Ademais, haberá unha carpa cun polbeiro, un posto de doces e empanadas e tamén un apartado onde se poderá tomar café e chupitos.

Comentarios