A Xunta Electoral apercibe a Cubela tras asistir con fins políticos ao Fogar Residencial

Os socialistas denunciaron que asistiu a unha reunión co xerente do Consorcio do Benestar e fixo gala da xornada aproveitando a súa condición de alcalde e a coincidencia de cor política

Jorge Cubela anunció la incorporación de tres mujeres a su lista. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Jorge Cubela. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A Xunta Electoral de Zona ordena a Jorge Cubela, candidato do PP á alcaldía de Cerdedo-Cotobade que se absteña de realizar actividades que poidan infrinxir de maneira directa ou indirecta no artigo 50.2: “desde la convocatoria de las elecciones y hasta la celebración de las mismas queda prohibido cualquier acto organizado o financiado, directa o indirectamente, por los poderes públicos que contenga alusiones a las realizaciones o a los logros obtenidos, o que utilice imágenes o expresiones coincidentes o similares a las utilizadas en sus propias campañas por alguna de las entidades políticas concurrentes a las elecciones”.

E tamén no 50.3: “durante el periodo electoral queda prohibido realizar cualquier acto de inauguración de obras o servicios públicos o proyectos de éstos, cualquiera que sea la denominación utilizada, sin perjuicio de que dichas obras o servicios puedan entrar en funcionamiento en dicho periodo”.

A agrupación socialista de Cerdedo-Cotobade pediu que se sancionase a conducta de Cubela, que asistiu o 21 de maio á visita do xerente do Consorcio Galego dos Servizos de Igualdade e Benestar ao Fogar Residencial do Maior de Cerdedo, saíndo a imaxe do candidado do PP nas fotografías que se tomaron no interior do edificio. No seu muro de Facebook, Cubela facía gala da xornada e da reunión mantida, aproveitando a súa condición de alcalde e a coincidencia da cor política co Goberno da Xunta de Galicia. 

O incumprimento desta orde podería implicar unha infración electoral regulada no artigo 153 da LOREG “Toda infracción de las normas obligatorias establecidas en la presente Ley que no constituya delito será sancionada por la Junta Electoral competente. La multa será de 300 a 3.000 euros si se trata de autoridades o funcionarios y de 100 a 1.000 si se realiza por particulares”

Comentarios