jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

A Xunta licitará este ano a mellora da PO-308 no tramo de Combarro

undefined
Tramo da PO-308 en Combarro onde se executará a senda peonil. DAVID FREIRE
O Consello da Xunta dá luz verde ás expropiacións de 49 terreos necesarios para a senda peonil e a mellora viaria

As expropiacións para as obras de construción dunha nova senda peonil e para a eliminación dun treito de concentración de accidentes na PO-308, entre Fontenla e Combarro, en Poio acaban de recibir un impulso ao ser aprobadas no Consello da Xunta deste xoves.

O Goberno autonómico destinará máis de 1,65 millóns de euros a este proxecto e a Consellería de Infraestruturas, da que depende o plan, pretende iniciar no segundo semestre do ano o procedemento de levantamento de actas previas e a licitación das obras.

A consellería coordinará os traballos de ambos os proxectos, que contan cun prazo de execución de 18 meses. En canto á senda peonil, esta prolongarase desde os puntos quilométricos 3,5 e 5,150 na marxe esquerda, ademais dun pequeno tramo no dereito, desde o punto 3,5 e o 3,620, é dicir, entre a glorieta da VG-4.8 e o acceso ao IES de Poio.

O orzamento desta intervención rolda os 975.000 euros, nos que se inclúe o pago dos 49 predios necesarios para levar a cabo este novo itinerario, que ten como finalidade fomentar unha mobilidade máis segura e sostible.

A Xunta licitará este ano a mellora da PO-308 no tramo de Combarro
comentarios
ç