Uns 25 centros educativos participarán nun programa de emprendemento da Deputación 

As actividades de DepoEmprende chegarán este curso a alumnos de 15 municipios
Participantes en otra edición de DepoEmprende. DEPUTACIÓN
photo_camera Participantes noutra edición de DepoEmprende. DEPUTACIÓN

A Deputación de Pontevedra publicou a lista definitiva de 25 centros educativos de 15 concellos da provincia que participarán nos programas DepoEmprende no curso 2019/2020. Segundo informa o goberno provincial, DepoEmprende na Escola, DepoEmprende na Eso e DepoEmprende na FP teñen como obxectivo fomentar o emprendemento "como un dos factores clave nunha economía do coñecemento" e "eliminar as barreiras que dificultan a transformación das ideas" en proxectos "concretos". 

Así, DepoEmprende na Escola chegará a alumnos de quinto e sexto de Educación Primaria de dez colexios de oito concellos —Pontevedra, Cambados, Tui, Tomiño, Porriño, Vilagarcía, Baiona e Gondomar—. A iniciativa consistirá en xestionar unha cooperativa para fabricar produtos que posteriormente serán vendidos nun mercado da localidade. 

En canto a DepoEmprende na Eso, está destinado aos alumnos de terceiro e cuarto de Educación Secundaria, que estuden preferentemente materias relacionadas co emprendemento, en oito centros de oito municipios —Bueu, Moaña, Cangas, Pontevedra, Redondela, Tui, A Estrada e Gondomar—.

Mentres, en DepoEmprende na FP participarán os estudantes desta modalidade de dez centros de sete concellos (Vigo, Pontevedra, Tui, As Neves, Bueu, Cangas e Gondomar). 

Comentarios