O 30,5% dos falecidos en accidente de tráfico na provincia son motoristas

A Asociación Profesional de Empresas Formadoras en Seguridade Viaria indica que as saídas de vía e as caídas supoñen o 38% dos sinistros
Una moto accidentada en Cuntis. DP
photo_camera Unha moto accidentada en Cuntis. DP

Máis do 30% das persoas falecidas en accidentes de tráfico nas estradas da provincia son motoristas. Así se desprende dun estudo realizado pola Asociación Profesional de Empresas Formadoras en Seguridade Viaria, Formaster, ao redor dos últimos datos de accidentalidade nas estradas en España.

Segundo este estudo, a cifra chega a alcanzar o 32% en relación aos condutores de motocicletas ou dun ciclomotor feridos que necesitaron hospitalización en Pontevedra tras un accidente de tráfico. O cómputo de motoristas falecidos nas estradas e vías urbanas provincial está 8 puntos por encima da media nacional que se sitúa no 21,9%, ademais de ser a provincia galega con maior sinistralidade de motos.

Tal e como sinalan desde este colectivo, o accidente máis común no que se ve involucrado un motorista é a saída da vía ou caída cun 38% dos accidentes, seguido da colisión frontolateral cun 29% e o alcance ou colisión traseira co 11% dos casos.

Para Formaster estes datos reflicten a falta de formación específica dos condutores de motos que as conducen con carné B

Entre outros datos, este informe recolle que mentres os accidentes con vítimas sufriron un crecemento en España dun 15%, os accidentes con vítimas de motocicletas creceron ata un 57%. Tamén sinalan que mentres as vítimas mortais crecen nas estradas un 8% os motoristas falecidos chega ao 12%. En 2016, últimos datos recollidos pola DXT, houbo 397 motoristas falecidos en accidente de tráfico, o 22% de todas as vítimas mortais nas estradas de España.

INFRACCIóNS. O informe elaborado por Formaster apunta ás infraccións que cometen os propios motoristas entre as causas destes sinistros. Entre elas, a máis común na estrada é a velocidade inadecuada, cun 23% dos casos rexistrados, seguida por unha condución distraída (19%) ou o incumprimento da prioridade en interseccións (17%).

Para Formaster estes datos reflicten a falta de formación específica dos condutores de motos que as conducen con carné B. O 29% dos motociclistas implicados nun accidente con vítimas en España conducía unha motocicleta de ata 125 cc con carné de turismo. Unha porcentaxe que sobe ata o 40% en condutores entre 25 e 34 anos.

Comentarios