A Fiscalía abre dilixencias sobre a residencia de Salvaterra

Isto prodúcese por mor dunha denuncia do Defensor do Paciente
La residencia de Salvaterra. SALVADOR SAS
photo_camera A residencia de Salvaterra. SALVADOR SAS

A Fiscalía Superior de Galicia abriu dilixencias, que remitiu á territorial de Pontevedra, sobre a situación da residencia de maiores de Salvaterra de Miño, intervida pola Xunta, por mor dunha denuncia do Defensor do Paciente, informaron a Efe fontes do ministerio público.

A semana pasada, O Defensor do Paciente facíase eco das denuncias de traballadoras do centro sobre a falta de limpeza nas instalacións, incumprimentos dos protocolos limpo/sucio, equipos de protección individual "vulnerables" e desatención dos maiores, con chagas e úlceras por presión ao permanecer horas e horas sentados sen cambialos de posición.

Entón, a Xunta garantiu que se analizarían "con detemento" as situacións que se trasladan no escrito remitido polos traballadores e no caso de que se constate "algún incumprimento da normativa" actuarase "en consecuencia".

Tamén recordan desde a Consellería de Política Social que desde que a residencia de Salvaterra foi intervida publicamente hai tres semanas reforzouse "de forma substancial" o persoal de enfermería, de auxiliares de enfermería e a dotación técnica deste centro.

O sindicato CIG convocou para mañá unha concentración ante este xeriátrico, na que reclamará a apertura dunha investigación para esclarecer o sucedido, pois recalca que desde 2017 vén denunciando desde 2017 ante a Inspección de Traballo e de Maiores da Xunta unhas "condicións de explotación laboral e de atención deficiente" aos maiores.

Das decenas de dilixencias penais incoadas pola Fiscalía en Galicia durante a primeira onda da pandemia do coronavirus só unha derivou na presentación dunha querela nos xulgados de Cangas.

Quedan outras catro dilixencias penais abertas, mentres que o resto foron arquivadas, precisaron a Efe fontes da Fiscalía Superior de Galicia.

Comentarios