Adxudicado o contrato para a restauración e musealización de xacementos en Pontevedra

A Administración central financiará integramente estes traballos por un importe de máis de medio millón de euros

Castro de A Subidá, en Marín. ADP
photo_camera Castro da Subidá, en Marín. ADP

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana adxudicou á empresa Patrimonio Intelixente un contrato da primeira fase de obras de restauración e musealización de varios xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra.

A Administración central financiará integramente estas obras por un importe de máis de medio millón de euros, sinala nun comunicado.

A primeira fase incluirá aos castros de Toiriz (Silleda), Alobre (Vilagarcía) e A Subidá (Marín) e as obras comezarán en xuño e prolongaranse durante catro meses.

Na segunda fase incorporaranse os castros da Lanzada (Sanxenxo), Alto Dos Cubos (Tui), Cruz do Castro (Cerdedo-Cotobade), Mercado dos Mouros (Valga), Igrexa Vella (Valga), Penalba (Campo Lameiro) e Adro Vello (O Grove).

Os proxectos foron finalizados e están pendentes do preceptivo informe do departamento de Patrimonio da Xunta de Galicia.

Comentarios