Arde por completo unha nave industrial no Porriño
12 de septiembre de 2018 (01:35 h.)
Varios incendios afectaron á nave en 2014 e 2017
Un incendio afectou este martes a unha nave industrial situada no polígono das Gándaras, no Porriño.
Trátase da planta Xesnatura, propiedade do grupo Couceiro, que se encarga da reciclaxe de residuos urbanos e que xa ardera en 2014 e en 2017.
Na extinción do lume traballan os bombeiros do Baixo Miño, Vigo, Mos, Valença , Proteccion Civil do Porriño, Policía Local, Garda Civil, Emerxencias de Mos e Ges da Garda.