Arde por completo unha nave industrial no Porriño

Varios incendios afectaron á nave en 2014 e 2017

Incendio en la planta de gestión de residuos de O Porriño. BOMBEROS PROVINCIA PONTEVEDRA
photo_camera Incendio na planta de xestión de residuos do Porriño. BOMBEIROS PROVINCIA PONTEVEDRA

Un incendio afectou este martes a unha nave industrial situada no polígono das Gándaras, no Porriño. 

Trátase da planta Xesnatura, propiedade do grupo Couceiro, que se encarga da reciclaxe de residuos urbanos e que xa ardera en 2014 e en 2017.

Na extinción do lume traballan os bombeiros do Baixo Miño, Vigo,  Mos, Valença , Proteccion Civil do Porriño, Policía Local, Garda Civil, Emerxencias de Mos e Ges da Garda.