Arde unha nave de madeiras en Mos sen causar danos persoais

O incendio tivo lugar á última hora da tarde do luns na parroquia de Sanguiñeda
112 Galicia. DP
photo_camera 112 Galicia. DP
Os bombeiros extinguiron esta madrugada un incendio que comezou a última hora da tarde do luns nunha nave de madeiras situada na parroquia de Sanguiñeda, en Mos.

Segundo informou o 112 Galicia ninguén resultou ferido e, aínda que se produciron algúns repuntes durante a noite, a situación está totalmente controlada.

En concreto, ardeu serrín acumulado nos arredores dos silos, no recinto dunha nave que actualmente está sen actividade. 

Na extinción traballaron os Bombeiros de Baixo Miño e os membros do Servizo Local de Urxencias, que acudiron ao lugar logo da alerta recibida no 112 Galicia ás nove da noite.

Comentarios