domingo. 15.09.2019 |
El tiempo
domingo. 15.09.2019
El tiempo

Arden cortizas de madeira e unha máquina no incendio dun serradoiro do Porriño

Serradoiro onde se rexistrou o incendio. GSV
Serradoiro onde se rexistrou o incendio. GSV

O suceso tivo lugar na tarde-noite deste domingo

Un incendio rexistrado a última hora da tarde deste domingo nun serradoiro de madeira situado en Mosende, no municipio pontevedrés do Porriño, saldouse con cortizas de madeira almacenadas no cuberto dunha nave queimadas, así como unha máquina afectada polo lume.

Segundo informou o 112 Galicia, faltaban dez minutos para as 20,30 horas deste domingo cando o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) foi alertado por un particular do incendio, quen indicou que saía moito fume dunha nave.

Por iso, o 112 Galicia puxo en alerta aos Bombeiros do Porriño, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil. E, debido á magnitude que puidese alcanzar o lume, os xestores de urxencias, por precaución, puxeron en alerta aos Bombeiros de Vigo e ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao lugar unha ambulancia.

Finalmente non foi necesaria a intervención do 061. Tras apagar as chamas, os profesionais de extinción do Porriño confirmaron que ardeu unicamente a cortiza da madeira que se almacenaba nun cuberto anexo a unha nave.

Engadiron, ademais, que o lume pasara a unha máquina sen que afectase a nada. O persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta tamén foi informado do sucedido polo 112 Galicia.

Arden cortizas de madeira e unha máquina no incendio dun serradoiro...