Atopan un cadáver flotando no río Louro, no Porriño

Un particular atopou o corpo ao redor das 13.00 horas

O corpo dunha persoa falecida foi atopado no mediodía deste sábado flotando no río Louro, no Porriño. 

Segundo informa o 112, foi un particular quen, sobre as 13.00 horas, comunicou ao centro de urxencias o achado do cadáver no río, á altura do albergue. 

No seu relato, a persoa indicaba que o corpo estaba boca abaixo e accesible. Seguidamente, o 112 informou ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil, a Policía Local e os bombeiros do Baixo Miño. Tamén se solicitou a colaboración dos efectivos de Protección Civil. 

Nestes momentos, os servizos de urxencia continúan no lugar investigando para esclarecer o suceso.