Avalancha de bañistas no retorno das altas temperaturas

Tras un inicio de estación bastante gris, esta semana chega o tempo puramente estival aos areais das Rías Baixas

Playa de Montalvo, en Portonovo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Praia de Montalvo, en Sanxenxo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O verán, para os galegos, sempre é unha época confusa; nunca se sabe o momento exacto no que as boas temperaturas chegarán ás nosas costas. Este ano o mes de xuño non nos deixou moitas oportunidades de escapada ás praias e xullo comezou cuberto de nubes que parecían querer quedar toda a tempada estival. Con todo, esta semana o mal tempo decidiu darnos un respiro.

Miles de bañistas non duraron o martes en aponteroveitar estes raios de sol para acudir de forma masiva ás praias. Moitos empregaron o descanso do mediodía para coller algo de moreno. Namentres, os máis afortunados xa poden empezar a gozar das súas vacacións como se merecen.

Mentres que uns deciden inaugurar a tempada de sol e praia botando uns longos para entrar en forma, outros deciden tomarse o día de relax lendo un libro baixo a antuca. Non foron moitos os atrevidos que foron capaces de meterse por completo na auga. Tamén foron moitas as familias que ao fin puideron levar aos máis pequenos a darse un dos primeiros baños da tempada.

Os bares das zonas costeiras víronse favorecidos por este cambio nas temperaturas e gozaron dun claro aumento da súa clientela. Xente de todas as idades decidiu tomarse un xeado ou algún refresco tras un intenso día de calor.

ALTAS TEMPERATURAS. A onda de calor, que ata este momento invadía a peninsula pero deixaba ao carón a Galicia, empeza a penetrar tamén no noroeste español. Segundo Meteogalicia, este mércores alcanzaranse temperaturas de ata 31 graos centígrados na capital das Rías Baixas.

O ceo permanecerá totalmente despexado na comarca e se prevee que as temperaturas se manteñan e incluso ascendan moderadamente durante os próximos días. O venres alcanzaranse as temperaturas máis altas da semana, chegando incluso aos 34 graos centígrados.

Comentarios