Avistan unha balea azul de 26 metros preto das Cíes

Un dron do BDRI captou as imaxes

La ballena avistada cerca de las Cíes. BDRI
photo_camera A balea avistada preto das Cíes. BDRI

Unha balea azul foi avistada o pasado mércores por un equipo do Instituto para o Estudo dos Mamíferos Mariños, BDRI, a poucos quilómetros das Illas Cíes.

Un dron conseguiu captar as imaxes do impoñente exemplar, de 26 metros, nadando polas augas galegas.

Trátase do segundo avistamento de baleas esta semana en Galicia, despois de que efectivos do helicóptero Pesca I observasen a un exemplar coa súa cría fronte á costa de Corrubedo, en Ribeira.
 

Comentarios