jueves. 24.06.2021 |
El tiempo
jueves. 24.06.2021
El tiempo

En busca de asintomáticos en Meis

undefined
Cribado iniciado este luns en Meis. RAFA FARIÑA
A rexedora insta os veciños a facerse "as probas". O Sergas detectou en Vilanova de Arousa once positivos entre os 2.184 test realizados. Sete adolescentes de Pontevedra son diagnosticados no cribado de farmacias

O Sergas deu este luns o pistoletazo de saída a un cribado poboacional en Meis, co fin de detectar o maior número posible de casos asintomáticos. As probas desenvolvéronse no pavillón municipal de deportes, situado no centro de Mosteiro, onde continúan durante este martes.

A alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, valorou o operativo "de forma moi positiva", porque ve "o que está a pasar nos concellos da zona" e porque sabe da importancia destes cribados para frear a expansión do virus. "Por iso pídolles aos veciños que, na medida das súas posibilidades, vaian facerse as probas". Meis rexistrou nas últimas 24 horas un novo caso, cos que xa alcanza os seis positivos.

Relacionado con este dispositivo, o Sergas informou de que no cribado realizado en Vilanova de Arousa detectáronse once contaxios: tres no cribado poboacional realizado entre persoas de entre 30 e 49 anos (no que participaron 1.504 das 2.400 persoas citadas), catro no cribado no CEIP (no que se realizaron 629 das 731 probas previstas) e un no cribado de establecementos de alimentación (ao que acudiron 51 dos 54 convocados).

Doutra banda, as farmacias da provincia realizaron ata agora máis de 7.000 test de saliva entre adolescentes, entre os que detectaron 10 casos: tres na área sanitaria de Vigo e outros sete na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

En busca de asintomáticos en Meis
comentarios
ç