Buscan no Rosal a Kenzo, un papagaio que canta Chayanne

O animal escapouse de casa na zona do Calvario
Kenzo. FACEBOOK
photo_camera Kenzo. FACEBOOK

Unha familia busca no Rosal a Kenzo, un papagaio yaco de cor gris, que se escapou de casa na zona do Calvario. Ao parecer, segundo explicou Miguel, un dos seus donos, non é só que o paxaro sexa moi falador, senón que incluso gústalle cantar Chayanne. 

Kenzo ten dous anos, está anillado e posúe microchip. á marxe de cantar "ouve, abre os teus ollos, mira cara arriba", tamén repite o nome dos propietarios e dos peros da casa, Jon e Zipi. 

Se alguén ve un papagaio destas características, pode porse en contacto con Miguel no 667.91. 33.77. 

Comentarios