domingo. 18.04.2021 |
El tiempo
domingo. 18.04.2021
El tiempo

Carlos Núñez reprograma para o 29 e 30 de agosto os seus concertos en Nigrán

Carlos Núñez. RAFA FARIÑA
Carlos Núñez. RAFA FARIÑA
As entradas poranse á venda o venres a un prezo de 20€

Os concertos de Carlos Núñez que estaban previstos para os días 15 e 16 de agosto en Monteferro, en Nigrán, e que foron cancelados polo mal tempo, foron reprogramados para o 29 e 30 de agosto, informou o Concello este xoves. 

Con estes eventos, Nigrán quere pór "o colofón final" á programación especial de verán. Serán no miradoiro de Monteferro o sábado 29 de agosto ás 20.00 horas e o domingo 30 ás 11.00 horas. 

O Concello e a empresa organizadora acordaron estas novas datas e mantense a validez das entradas (as do día 15 serán para o 29 e as de 16, para o 30). No entanto, quen o desexen poden cancelalas e obter un reembolso do diñeiro a través de Ataquilla, onde o venres se porán á venda os boletos que poidan quedar dispoñibles a un prezo de 20 euros. 

Os concertos teñen un aforamento reducido polas circunstancias sanitarias e o propio espírito da actuación, dado que Carlos Núñez busca "unha especial sinerxía entre o público e a natureza", ao facelos coincidir coa posta e a saída do sol

Carlos Núñez reprograma para o 29 e 30 de agosto os seus concertos...
comentarios
ç