Carmela Silva: "Síntome nunha resaca emocional"

A presidenta da Deputación de Pontevedra mostra a súa "profunda alegría" polo éxito da folga feminista

Carmela Silva, en la concentración ante la Diputación por el 8-M. JAVIER CERVERA
photo_camera Carmela Silva, na concentración ante a Deputación polo 8-M. JAVIER CERVERA

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrou a súa "profunda alegría" polo éxito da folga feminista convocada este xoves, Día Internacional da Muller, na que a provincia foi "referencia" en todo o Estado.

"Síntome nunha resaca emocional por todo o que sucedeu onte", sinalou Silva nunha rolda de prensa celebrada en Pontevedra, na que felicitou a todas as pontevedresas que secundaron o paro do 8-M porque "nada volverá ser igual".

As mulleres demostraron, segundo a dirixente socialista que "cando están xuntas non hai quen as pare" e asegurou estar "convencida" de que o éxito "rotundo e extraordinario" desta mobilización social marcará "un antes e un despois" na loita pola igualdade.

Tras celebrar que "non houbo un só concello de Pontevedra no que non houbese unha concentración de mulleres", Carmela Silva pediu que ningún cargo político, "sexa da cor que sexa" trate de apropiarse desta repercusión social.

A presidenta provincial destacou especialmente o paro que protagonizaron as mulleres xornalistas de Pontevedra "porque se fixeron visibles" e tiveron unha presenza "propia" na mobilización do 8-M.

Co sucedido onte, engadiu, "comezou algo que vai durar durante moito tempo" e que obrigará a que as administracións públicas aproben leis que rompan "dunha vez por todas" coa discriminación que sofren as mulleres.

Comentarios