As illas de Cíes e Ons recibiron máis de 220.000 visitantes este verán

O proxecto Praia de Sanxenxo mostrará aos turistas unha xornada laboral a bordo dun pesqueiro
Telmo Martín, Rosa Quintana y Ángeles Vázquez en la Ría de Pontevedra.LUIS POLO
photo_camera Turistas embarcando. ADP

Unhas 220.000 persoas visitaron este verán as illas de Cíes e Ons, integradas no parque nacional das illas Atlánticas, informou a Xunta.

Cíes recibiu 142.000 visitantes e Ons outros 80.000 nos dous últimos meses, sen ter en conta os que prevén acudir a eses territorios en parte de setembro que figuran na tempada estival e que a Xunta prevé que sexa dunhas 15.000 persoas.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, fixo un balance sobre o impacto turístico nesas illas na presentación do proxecto Praia de Sanxenxo para ensinar aos turistas a xornada laboral a bordo dun pesqueiro e as tarefas propias da pesca artesanal, co fin de promover o consumo de peixe fresco.

As persoas que participen neste programa turístico poderán coñecer tarefas propias da pesca artesanal nas augas da boca da ría de Pontevedra e a contorna das illas de Ons e Onza, vendo como se traballa con nasas e a captura de especies como o polbo ou a nécora.

Durante a travesía inaugural do barco, na que estivo acompañada da conselleira de Mar, Rosa Quintana, Vázquez destacou o valor destas iniciativas para "coñecer a riqueza ambiental que ofrecen as rías galegas" e reforzar o compromiso da cidadanía co coidado do medio ambiente.

Esta é unha das seis accións piloto seleccionadas no proxecto promovido pola Xunta, grupos de acción local do sector pesqueiro, a asociación Mar Seguro de Galicia ou a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra.

O programa, do que xa se organizaron tres edicións, aspira a promover o turismo mariñeiro, especialmente, no ámbito deste parque nacional, e xerar emprego.

Comentarios