Case 7.000 persoas solicitan inscribirse nas bolsas de emprego de Correos en Pontevedra

Agora unha segunda fase para asignar as puntuacións correspondentes a cada candidato
Un empleado de Correos trabajando. DAVID FREIRE
photo_camera Un empregado de Correos traballando. DAVID FREIRE

Un total de 6.965 persoas solicitaron a súa inscrición nas novas bolsas de emprego de Correos na provincia de Pontevedra. O obxectivo das bolsas é a cobertura temporal de 128.021 postos operativos en toda España.

As bolsas constitúense para a cobertura de emprego temporal de persoal operativo, cos perfís de candidatos adecuados para atender as novas demandas dos clientes e a evolución do mercado postal e de paquetería. Por iso, segundo as bases aprobadas, valorarase tanto a experiencia como outros méritos relativos a formación, idiomas ou competencias dixitais.

Unha vez pechado o prazo de admisión de solicitudes, que estivo aberto do 8 ao 17 de febreiro, iníciase agora unha segunda fase para asignar as puntuacións correspondentes a cada candidato e, a continuación, fixar un prazo para reclamacións se as houbese. Finalmente publicaranse as bolsas configuradas coas persoas que as integrarán definitivamente. 

Toda a información relativa ás sucesivas fases das bosas de emprego pódese consultar na web de Correos.

Comentarios