Reganosa encarga a Aspanaex, de Pontevedra, un agasallo corporativo

A iniciativa forma parte do programa de responsabilidade social da compañía

Aula de Aspanaex. DP
photo_camera Aula de Aspanaex. DP

Reganosa recibiu unha partida de taboleiros de tangram que entregará como obsequio corporativo e que foron fabricados por persoas con discapacidade intelectual como Aspanaex, a Asociación a favor das persoas con discapacidade intelectual da provincia de Pontevedra.

A iniciativa forma parte do programa de responsabilidade social da compañía, que así se dota dun obxecto de agasallo e, ao mesmo tempo, apoia a integración deste colectivo.

O tangram é un crebacabezas de madeira formado por sete pezas planas cuxo orixe se remonta á antiga China. Ademais dun xogo, utilízase coa poboación infantil en psicoloxía, pedagoxía, filosofía, así como para o ensino de xeometría.

O fabricado para Reganosa requiriu dez meses de traballo dos alumnos do centro ocupacional de Aspanex en Vigo. "Foi un encargo moi importante para nós, tanto polo reto que supuña adaptar o tangram aos nosos talleres como pola cantidade de unidades do pedido", explicou un portavoz da asociación.

Para Reganosa, a colaboración con Aspanaex foi "moi satisfactoria", tanto pola calidade do produto recibido, como por ter a oportunidade de axudar no desenvolvemento de persoas con discapacidade intelectual.

Comentarios