Unha colisión con cinco coches e un camión implicados sáldase con sete feridos en Mos

Sete persoas resultaron feridas en Mos a causa dunha colisión múltiple rexistrada na A-55
 
A-55. GOOGLE MAPS.
photo_camera A-55. GOOGLE MAPS.

Un accidente múltiple no que se viron implicados cinco turismos e un camión saldouse este venres con sete persoas feridas. Afortunadamente, ningunha delas de gravidade, segundo informa o centro de atención ás urxencias 112 Galicia. 

O sinistro tivo lugar ao fío das 14.30 horas, cando os vehículos circulaban pola A-55, á altura do quilómetro 14, ao seu paso polo concello pontevedrés de Mos, en sentido Tui. Segundo informaron as testemuñas, os ocupantes dos vehículos estaban liberados e accesibles, pero podían necesitar asistencia sanitaria.

O 112 Galicia informou o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros de O Porriño e ao servizo municipal de emerxencias de Mos. En total, sete persoas resultaron feridas de carácter leve, polo que foron trasladadas ao Hospital Fátima.

De acordo cos efectivos de urxencia que acudiron ao lugar dos feitos, o camión involucrado na colisión transportada vehículos, pero estaba baleiro no momento do incidente.