O Concello de Ponteareas presenta a súa IV Feira do Libro

Un momento da presentación da Feira do Libro de Ponteareas.DP
photo_camera Un momento da presentación da Feira do Libro de Ponteareas.DP

O Concello de Ponteareas presentou na mañá deste venres a IV Feira do Libro, que terá lugar na vila desde o dia 9 ao 12 deste mes.

O acto tivo lugar nas portas da casa consistorial e nel participaron o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, o concelleiro de Cultura, Fernando Groba, o escritor e asesor cultural Manrique Fernández e a xerente da Federación de Librarias de Galicia, Nani Regueira.

Todos eles puxeron de manifesto nas sús intervencións, a satisfacción que lles produce poder desenvolver esta iniciativa un ano máis nun momento social en que dinamizar económica e culturalmente á poboación é fundamental. 

PROGRAMA DA FEIRA

Comentarios