As axudas de emergacia da Deputación xa están dispoñibles para os concellos máis pequenos

O ente provincial ha anunciado que apurará "ao máximo" a tramitación do pago de todas as "obrigacións con provedores e empresas"
El Covid-19. EP
photo_camera O Covid-19. EP

A Deputación de Pontevedra puxo a disposición dos municipios con menos de 20.000 habitantes o 100% das Axudas Básicas de Urxencia para que poidan atender ás necesidades da súa veciñanza.

Esta iniciativa beneficiará ás persoas en risco de exclusión social e cubrirá os gastos de alimentación, vivenda, pago de recibos, produtos de hixiene e limpeza, fármacos, produtos infantís e sanitarios.

A novidade que foi incluída o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra é que as localidades xa poden obter o 100% desta bolsa de axudas que tivo que ser modificada para que se fixese posible a prestación completa, dotada no medio millón de euros.

A Deputación apunta a que tras a declaración do Estado de Alarma, adoptáronse unhas medidas de carácter "urxente" para paliar a situación de necesidade das persoas que xa se benefician destas axudas básicas.

Por outra banda, o departamento que dirixe Carmela Silva quixo "apurar ao máximo" a tramitación do pago de todas as "obrigacións con provedores e empresas" para "colaborar ata o límite permitido pola normativa económico-financeira" na liquidez dos servizos da Deputación.

Desta forma tamén pretenden amortecer as consecuencias desta crise sanitaria, que se transmitirán á economía e á sociedade "a unha velocidade inusitada" e que afectará "tanto á actividade produtiva como á demanda do benestar dos cidadáns", sinalaron. 

Comentarios