A concentración moteira de Poio saldouse con dous accidentes leves

A reunión moteira permitiu que a chaira de A Seca contase con centos de motos

2019071014292053099
photo_camera Presentación da concentración. J. DP

Dous accidentes leves son o único saldo de incidencias do dispositivo especial de tráfico realizado pola Policía Local de Poio este fin de semana con motivo da Concentración Moteira Rosa dos Ventos e da celebración de San Cristóbal e a súa procesión por estrada, o sábado.

A reunión moteira permitiu que a chaira de A Seca contase con centos de motos (unhas 800, segundo a organización), pero só rexistráronse dous sinistros: un ás 17.00 do sábado e outro, pasadas as 13.00 de onte e en ambos os casos foron caídas.

CAMBADOS. Por outra banda, unha moza de 16 anos resultou ferida onte como consecuencia dunha caída dun ciclomotor en Cambados. Sucedeu ás 00.40 na EP-9006. A moza, EPM, foi trasladada ao Hospital do Salnés. O condutor, ZGM, tamén de 16 anos, rexeitou a asistencia sanitaria.

Comentarios