Condenado a tres anos de cárcere o mozo que provocou un accidente mortal en Gondomar

No sinistro, ocorrido en setembro de 2016, unha persoa faleceu e tres resultaron feridas graves

O mozo que provocou un accidente de tráfico en Gondomar no que morreu unha persoa en setembro de 2016 foi condenado este martes a tres anos de cárcere e cinco sen carné de conducir.

O condenado conducía a case 200 quilómetros por hora nunha zona restrinxida a 50. A maxistrada considera que a súa imprudencia ao volante causou a morte dunha das persoas que viaxaba con el no seu vehículo. Outros tres ocupantes resultaron feridos.

A xuíza acúsao dun delito de condución temeraria, outro de homicidio por imprudencia grave e tres máis de lesións por imprudencia grave.