O Consello de Ministros declara Paramos zona catastrófica

O delegado do Goberno en Galicia sinalou que se trata dun comezo para a recuperación do lugar 

Efectos de la devastación en Tui. SALVADOR SAS (Efe)
photo_camera Efectos da devastación en Tui. SALVADOR SAS (Efe)

O Consello de Ministros aprobou esta mañá a declaración da parroquia de Paramos como zona afectada gravemente por unha urxencia de protección civil e así dar resposta á demanda dos afectados por este tráxico accidente.

A noticia foi valorada polo delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada: "Defendemos desde o primeiro día que este Goberno escoita e resolve. Defendemos desde o primeiro día na Delegación do Goberno que había un compromiso e que se ía a cumprir. E hoxe (por este venres) ratificouse esta promesa que xa é realidade".

Losada recordou que sempre estiveron coas vítimas pero "ás veces os trámites administrativos alárganse máis do que nos gustaría, pero había que facer as cousas ben e aquí está o resultado".

O delegado do Goberno en Galicia sinalou que se trata dun comezo para a recuperación da zona e para devolver a esperanza ás familias afectadas.

"En todo caso, este é o primeiro paso. A declaración é un primeiro paso, un gran paso, pero hai que seguir traballando e así o imos a facer. Imos seguir traballando e estando preto dos veciños e as veciñas", avanzou o delegado do Goberno. 

Comentarios