O consorcio contra incendios de Pontevedra será 100% público a partir de xuño

A Deputación deu luz verde á xestión directa da prestación do servizo
Participantes de Deputación no Pleno do Consorcio Contra Incendios celebrado por videoconferencia cos representantes da Xunta. DP
photo_camera Carmela Silva. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O consorcio provincial contra incendios de Pontevedra, adscrito á Deputación de Pontevedra e participado ao 50% coa Xunta, deu luz verde á xestión directa da prestación do servizo, que se fará efectiva a partir do próximo 1 de xuño. 

A presidenta da deputación pontevedresa, Carmela Silva, encabezou o pleno do consorcio no que aprobouse por unanimidade o cambio de modelo, que implica a asunción total do servizo pola vía pública. 

Deste xeito, o persoal do servizo queda subrogado ao novo servizo e manterán as condicións que tiñan co modelo mantido ata agora. 

Tanto Silva como o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, mostraron a súa satisfacción pola decisión do pleno do consorcio e apelaron a seguir "traballando" para que o servizo cumpra cos seus obxectivos. 

No encontro deste xoves tamén recibiu luz verde o expediente de modificación de crédito para adaptar á nova situación do consorcio o seu orzamento para 2021, uns cambios que agora deberán pasar o trámite de ser ratificados no pleno da Deputación de Pontevedra.

Comentarios