Correos amplía o horario en 13 oficinas de Pontevedra para facilitar o voto a distancia

Trátase dunha medida para facilitar as xestións relacionadas co voto por correo para as eleccións do 12 de xullo
fotos del dia coronavirus
photo_camera Colas ante unha oficina de Correos. DAVID FREIRE

Correos amplía desde este luns, 1 de xuño, o seu horario de atención ao cliente nun total de trece oficinas da provincia de Pontevedra. A partir deste sábado, as oficinas postais de Galicia tamén abrirán de 9.30 a 13.00 horas. Trátase dunha medida para facilitar as xestións relacionadas co voto por correo para as eleccións ao Parlamento Galego do próximo 12 de xullo. 

Desde este luns, ampliarán nunha hora o seu horario habitual de atención ao público sete oficinas da provincia, que permanecerán abertas de 8.00 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas. Na cidade de Pontevedra amplía a este horario a oficina principal (Oliva, 19-21) e a sucursal de Avenida de Lugo. En Vigo, a oficina principal (Praza de Compostela, 3), a sucursal do Calvario, a de travesas, a de Balaídos e a de Praza de España. Tamén adopta este horario a oficina de Correos de Vilagarcía. 

Este luns tamén recuperan o seu horario de tarde outras seis oficinas da provincia, atendendo aos clientes en horario completo de 8.30 a 14.30 e de 15.30 a 20.30 horas de luns a venres. Nesta situación atópanse as oficinas de Cangas, Lalín, Marín, Ponteareas, OPorriño e Redondela.

 Ademais, para xestionar coa maior axilidade posible a atención aos cidadáns, habilitáronse portelos exclusivos para a xestión do voto nas oficinas con máis afluencia de electores e implementáronse medidas organizativas para atender ao incremento da actividade asociado ao proceso electoral.

Comentarios