O covid concello a concello: a incidencia acumulada supera os 500 en 41 municipios

Non hai ningún concello libre de covid en toda a provincia
Cribado masivo en Vea (A Estrada) para detectar covid en la población. DP
photo_camera Cribado masivo en Vexa (A Estrada) para detectar covid na poboación. DP

A provincia de Pontevedra conta con 41 concellos que superan os 500 casos por cada 100.000 habitantes. Os peores datos de incidencia acumulada son para Crecente (3.360) e Forcarei (2.932), mentres que A Cañiza, Pontecesures, Poio e Valga están tamén por encima dos 2.000.

á marxe dos dous mencionados, outros 12 municipios exceden o milleiro: Arbo, O Covelo, Agolada, A Lama, Mondariz, Moraña, As Neves, Pazos de Borbén, Ponteareas, Salvaterra do Miño, Silleda, Soutomaior.

Entre 500 e mil atópanse: Barro, Caldas, Catoira, Cuntis, A Estrada, Fornelos de Montes, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Oia, Pontevedra, O Porriño, Pontecaldelas, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vilaboa, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa.

En toda a provincia non hai ningún só municipio libre de coronavirus. 

CIDADES. Únicamente dous das principais cidades de Galicia contan cunha incidencia acumulada inferior ao medio milleiro. Son Lugo (387) e Vigo (452). 

Os peores datos continúan sendo os de Ourense, que con 904 casos por cada cen mil habitantes atópase en dinámica de pasar os mil. 

CIDADE CASOS NOS ÚLTIMOS 14 DÍAS INCIDENCIA
Lugo 382 387
Vigo 1.343 452
Pontevedra 449 539
Ferrol 403 614
Santiago 672 686
A Coruña 2.209 892
Ourense 956 904

Comentarios