Denuncian a "profanación" da Illa de San Simón cunha festa de Samaín

Lamentan que se celebre unha festa destas características nun lugar que foi campo de prisioneiros durante o Franquismo
Illa de San Simón. ALBA SOTELO
photo_camera Illa de San Simón. ALBA SOTELO

Colectivos que traballan pola recuperación da memoria histórica denunciaron este xoves a "profanación" dun lugar da memoria "fundamental" como a Illa de San Simón, onde unha naviera privada prevé celebrar unha festa de Samaín.

Estas asociacións, agrupadas ao redor da Iniciativa Galega pola Memoria, reclaman que as autoridades prohiban esta actividade lúdica, que pretende celebrar o Samaín, unha festividade tradicional galega na véspera do Día de Todos os Santos.

Consideran que un lugar que foi un campo de prisioneiros durante a ditadura franquista non é o máis adecuado para unha festa destas características e aseguran que sería "impensable" que se autorizase en sitios similares do resto do mundo.

Nalgúns países de Europa, engaden, "resultaría incluso delituoso" ao ser unha "profanación" dun espazo da memoria tan destacado como esta illa situada na ría de Vigo.

Estes colectivos esixen que a Xunta de Galicia "impida dunha" vez que continúe o "insulto reiterado" á memoria dos represaliados con actividades que son unha "ridiculización" da dor das vítimas. A Illa de San Simón debe ser, conclúen estas asociacións, un lugar "de homenaxe e de recordo".

Comentarios