A Deputación programa dúas xornadas sobre turismo e novas tecnoloxías en tempos de covid

Presenta a III xornada Turistic, que terá lugar telemáticamente o 2 de decembro e Reinventar o, programada para os días 17 e 18
Carmela Silva.DP
photo_camera Carmela Silva.DP

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo presidente do Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal, anunciou este martes novas iniciativas para "apoiar ao sector turístico e á cadea de valor vinculada con el", entre elas dúas xornadas que profundarán na aplicación de novas tecnoloxías e nos retos post covid do sector. 

Así, por unha banda, presentouse a III xornada Turistic, que terá lugar o 2 de decembro telemáticamente a través da plataforma online Streamyard, e na que participarán, entre outros destacados relatores, a xerente de Innovación e Transformación Dixital da Organización Mundial do Turismo, Natalia Bayona, e a secretaria de Estado de Dixitalización, Carme Artigas

Segundo sinalou Carmela Silva, Turistic contará con grandes "profesionais do turismo" que profundarán sobre o uso e aplicación das tecnoloxías da información neste sector. Analizarán as oportunidades e desafíos neste campo, a transformación dixital, proxectos e tecnoloxías que favorezan un destino seguro, sostible e de calidade, novos modelos turísticos xurdidos a raíz da crise sanitaria ou a influencia no sector dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e o Green Deal da Unión Europea. 

Por outra banda, tamén en decembro, os días 17 e 18, terá lugar a xornada Reinventar o, na que se debaterá "sobre a construción dun novo modelo de turismo máis resiliente e dixital". 

Durante os dous días de xornada haberá tres eixos temáticos de intervencións nos que se achegarán diferentes visións de actores públicos e privados centradas no turismo en tempos de covid, a transformación dixital, no talento e na importancia do dato na estratexia empresarial. 

Silva destacou que neste encontro, que impulsa o Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa institución provincial, sinalaranse "as dificultades e tamén as oportunidades que poden xurdir desta crise". 

Pola súa banda, o presidente do Clúster expresou a súa preocupación "polo sector turístico, por manter vivo o tecido empresarial", e subliñou que "o turismo está a cambiar", polo que é necesario "reinventar o" presente e apostar por planificar, "por converterse nun destino seguro e transmitir confianza".

CAMPAÑAS DE APOIO Ao COMERCIO 

Por outra banda, a Deputación de Pontevedra tamén porá en marcha a campaña Agora máis que nunca, non perdamos a proximidade, centrada en animar á cidadanía a comprar nas tendas de proximidade así como en consumir produtos locais de tempada. 

Segundo os datos facilitados na rolda de prensa, este sector comercial reúne a preto de strong <>11.000 pequenos e medianos negocios na provincia, que representan o 36% dos existentes en Galicia. 

Ademais, a presidenta anunciou que, de face ao Nadal, vaise a lanzar unha nova acción promocional "de apoio ao produto local pero centrada nas mulleres", nas produtoras tanto do mar como do campo, segundo a liña iniciada o pasado ano. 

Comentarios