Descenden os casos activos e os novos positivos na área sanitaria

Pontevedra-O Salnés conta con 783 enfermos, 59 menos que o sábado
Hospital Montecelo. BEATRIZ CÍSCAR
photo_camera Hospital Montecelo. BEATRIZ CÍSCAR

A tendencia de contagios na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés continúa á baixa. Segundo os datos ofrecidos este domingo polo Sergas, a área conta con 783 enfermos de coronavirus, 59 menos que o sábado. Ademais, fréase tamén o ritmo de contagios, con 29 novos positivos detectados nas últimas 24 horas, polos 41 que se contabilizaron na xornada anterior. 

A presión hospitalaria, iso si, mantense. Os centros sanitarios albergan a 59 enfermos, dous máis que o. Deles, 14 están na Uci de Montecelo (un máis que na xornada anterior) e 45 en planta —34 en Pontevedra e 11 no Hopistal do Salnés—. 

balance de Pontevedra

Desde o incio da pandemia curáronse na área sanitaria 11.425 persoas e faleceron 154. A última vítima é un home de 70 anos que morreu este sábado no Chup.

Comentarios