
A Garda Civil desmantelou sendas plantacións de marihuana nos municipios de Salvaterra e As Neves, onde se incautou de preto de medio centenar de plantas. Os seus supostos responsables, de 36 e 33 anos, están investigados por un delito contra a saúde pública.
As plantacións estaban localizadas en galpóns anexos a dúas vivendas. A de Salvaterra era unha plantación interior dotada de cinco focos halóxenos, un ventilador e un termostato. Os axentes incautáronse de 28 plantas e localizaron 78 macetas baleiras coas plantas recentemente cortadas.
Na plantación das Neves aprehendéronse 18 plantas de tamaño medio, entre un e case dous metros.
As dilixencias instruídas, xunto coas plantas e efectos intervidos, foron entregadas no xulgado de instrución de garda de Ponteareas, onde deberán comparecer os investigados cando sexan citados.