Deteñen a un menor tras sufrir un accidente na A-55 cun vehículo roubado

Circulaba de forma temeraria, en sentido contrario pola autovía, sen permiso de conducir e supostamente ebrio
El coche accidentado. GUARDIA CIVIL
photo_camera O coche accidentado. GARDA CIVIL

A Garda Civil detivo a un mozo, menor de idade, logo de sufrir un accidente cando circulaba ebrio pola autovía A-55, cun turismo subtraído.

Os feitos sucederon á unha da madrugada do pasado sábado cando este mozo, de 17 anos e de orixe romanesa, sofre un accidente á altura do Km. 31,100 da autovía A-55 (Vigo-Tui).

Segundo as investigacións realizadas pola patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño, o mozo desprazábase cara a Tui pola autovía e logo de realizar un cambio de sentido avanzou uns 200 metros en dirección contraria e termina chocando cunha bionda ao sufrir unha saída da vía para evitar o choque frontal cun camión, resultando ileso.

As primeiras pescudas determinaron que este mozo, que deu positivo na proba de alcoholemia, conducía de forma temeraria e sen carné un vehículo que fora subtraído recentemente en Vigo. Foi detido como presunto autor dos delitos contra a seguridade viaria e furto de uso dun vehículo a motor.

Unha vez instruídas as correspondentes dilixencias, que foron remitidas á Fiscalía de Menores, o novo quedou en liberdade baixo a custodia e tutela dos seus pais.

Comentarios