Deteñen a unha parella de ladróns tras intentar roubar nun comercio da Guarda

Ambos contan con numerosos antecedentes policiais
Avenida de Galicia. GSV
photo_camera O intento de roubo produciuse nun establecemento da Avenida de Galicia. GSV

A Garda Civil de Pontevedra detivo a unha parella como presuntos autores dunha tentativa de roubo nun establecemento comercial da localidade pontevedresa da Guarda.

Segundo a información proporcionada polo corpo, os detidos son dous veciños do municipio cun amplo historial de antecedentes policiais relacionados cos estupefacientes e os roubos con forza en establecementos comerciais e locais públicos.

Nesta ocasión acúsaselles dunha tentativa de roubo cometido a madrugada do pasado venres, ao violentar a porta dun establecemento comercial na Avenida de Galicia da Guarda.

Os dous detidos, xunto coas dilixencias instruídas, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Tui, que decretou a liberdade provisional de ambos os dous.

O pasado mes de maio, o home xa fora detido e ingresado en prisión por orde xudicial ao ser sorprendeu in fraganti no interior doutro establecemento ao que accedera co mesmo modus operandi. Desde principios de xullo estaba en liberdade provisional.