Detidas tres persoas por simular o roubo de dous coches para non pagar multas

Os detidos son os dous propietarios dos coches, unha muller de 33 anos e un home de 41 anos, e un familiar do segundo deles

Un efectivo de la Guardia Civil registra uno de los coches. GUARDIA CIVIL
photo_camera Un efectivo de la Guardia Civil registra uno de los coches. GUARDIA CIVIL

A Garda Civil detivo a tres persoas, veciñas de Pontevedra, Barro e Bueu, relacionadas coa simulación do roubo de dous coches para evitar pagar as multas de tráfico que pesaban sobre os vehículos, superiores aos 4.000 euros.

Segundo informa o instituto armado, os detidos son os dous propietarios dos coches, unha muller de 33 anos e un home de 41 anos, e un familiar do segundo deles, un mozo de 27 anos que colaborou nesta trama.

A investigación ten a súa orixe na localización, o pasado mes de novembro, dun coche mal estacionado en Poio, que se atopaba ocupando parte da calzada.

Tras identificar á súa propietaria, os axentes descubriron que a muller denunciara no xulgado o roubo deste coche, directamente no xulgado, seis meses antes.

A dona do coche explicara que llo subtraeron do interior dunha leira en Bueu, xunto con outro vehículo da súa exparella.

A Garda Civil pescudou que os dous vehículos foran vendidos a terceiras persoas e que a denuncia presentada no xulgado tiña como finalidade evitar o pago das sancións de tráfico que pesaban sobre eles. As dilixencias instruídas foron entregadas no xulgado de instrución número dous de Marín.