Detido en Baiona por traficar con varios tipos de drogas no seu domicilio

O home, de 57 anos, quedou en liberdade con cargos
20201203 DETENIDO BAIONA TRAFICO DROGAS
photo_camera Material atopado. GARDA CIVIL

Un veciño de Baiona foi detido tras achar a Garda Civil no seu domicilio ata cinco tipos de sustancias estupefacientes preparadas en doses para a súa venda.

Segundo informou este xoves o instituto armado, a investigación iniciouse ao detectar a venda a diferentes consumidores habituais de sustancias que poderían ter a súa orixe nun domicilio da citada localidade.

Coa pertinente autorización xudicial, a Garda Civil efectuou onte a entrada e rexistro do domicilio, onde acharon 30 dose de heroína, trece de cocaína, dúas de haxix, 35 pastillas de metadona e outras tres de ansiolíticos, ademais dunha báscula de precisión.

Por todo iso detiveron, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, a un home de 57 anos, o cal, xunto coas sustancias intervidas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número catro de Vigo, en funcións de garda, que decretou a súa liberdade con cargos coa obrigación de comparecer cando sexa citado.

Comentarios