Un detido e dous investigados por máis dunha ducia de roubos en Condado-Paradanta 

A investigación continúa aberta, e non se descartan novas detencións e a identificación doutros implicados

Axentes da Garda Civil han detido a unha persoa, e investigan a outras dúas, pola súa presunta vinculación con máis dunha ducia de roubos cometidos en vivendas da comarca de Condado-Paradanta, nunha operación que segue aberta. 

A localización dunha motosierra e unha rozadora, que foran roubadas en agosto, nun local de compravenda, permitiu aos axentes avanzar nunha investigación na que xa había sospeitas sobre tres persoas. 

Por mor da recuperación destas ferramentas, levou a cabo un traballo de fiscalización de todas as transaccións realizadas noutros establecementos de compravenda e, cos datos obtidos, púidose identificar aos presuntos autores de 13 roubos cometidos en vivendas nos últimos 3 anos. 

Así, detívose a J.F.I.G., de 34 anos de idade e veciño de Mondariz, como presunto autor de catro roubos cometidos en Covelo, dous en Mondariz, e outros dous en Ponteareas. 

O segundo identificado foi M.A.A.F., de 33 anos de idade e veciño de Ponteareas. A Garda Civil investígao penalmente pola súa participación en tres roubos en Mondariz e outro en Ponteareas. 

Finalmente, a terceira persoa investigada é J.R.M.A., de 27 anos de idade, e veciño de Mondariz, ao que se atribúe un delito de roubo con forza nunha vivenda desta localidade. 

A investigación continúa aberta, e non se descartan novas detencións e a identificación doutros implicados. As dilixencias practicadas foron postas en coñecemento do xulgado de garda de Ponteareas.