Detido no Porriño por un delito de violencia de xénero

Unha muller requiriu a presenza da Policía Local este mércores debido a unha discusión coa súa parella
92022858_2293343407634538_7968830265994772480_o
photo_camera 92022858_2293343407634538_7968830265994772480_ou

Un home, J.P.G., foi detido tras, supostamente, cometer un delito de violencia de xénero contra a súa parella no Porriño .

En concreto, os feitos tiveron este mércores sobre as 19,30 horas, cando unha muller requiriu a presenza da Policía Local debido a unha discusión coa súa parella, segundo informaron fontes do Concello pontevedrés.

Tras trasladarse ao domicilio, os axentes constataron os feitos e activaron o protocolo de violencia de xénero. Deste xeito, aseguraron a integridade da vítima.

Ademais, identificaron e detiveron á súa parella, que foi trasladada a dependencias policiais. Posteriormente, este home foi posto a disposición xudicial.