jueves. 04.03.2021 |
El tiempo
jueves. 04.03.2021
El tiempo

Detido no Porriño por un suposto caso de violencia de xénero

é o segundo na localidade desde que se iniciou o estado de alarma

Axentes da Policía Local do Porriño detiveron nas últimas horas a un mozo, J.C.S.R., como suposto autor dun delito de violencia de xénero. Trátase do segundo detido por este motivo na localidade porriñesa durante o estado de alarma.

Segundo informaron fontes municipais, os feitos tiveron lugar na noite do martes, cando a Policía recibiu unha chamada que alertaba sobre unha pelexa entre dous mozos. O demandante do servizo era un familiar da vítima, e activouse o protocolo 'Viogen'.

Unha vez no domicilio, e tras entrevistarse coa vítima e o suposto agresor, os axentes procederon á detención de J.C.S.R., mentres que se prestou asistencia á muller.

Ésta é a segunda detención por un caso de violencia xénero no Porriño desde que decretou o estado de alarma, despois do arresto, o pasado 22 de abril, doutro veciño. Naquel caso, foi a propia muller a que alertou á Policía tras ter unha discusión coa súa parella.

Detido no Porriño por un suposto caso de violencia de xénero
ç