jueves. 04.03.2021 |
El tiempo
jueves. 04.03.2021
El tiempo

Detido no Porriño un home ao que interviñeron 15 papelinas de cocaína e 2 de heroína

Xa foi posto a disposición xudicial

Un home de 40 anos de idade foi detido por axentes da Policía Local do Porriño, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas.

Segundo informaron fontes municipais, os feitos ocorreron o pasado sábado, cando un condutor que circulaba polas inmediacións da rúa Lugo, no Porriño, levantou as sospeitas dunha patrulla policial.

O condutor, ante a presenza dos axentes, realizou unha manobra estraña, o que motivou que os axentes o seguisen. Tras solicitar colaboración da Policía Local de Mos, procedeuse a interceptar ao sospeitoso.

Ao inspeccionar o vehículo, os axentes atoparon 15 papelinas de cocaína e outras dúas de heroína, polo que procederon á detención do condutor, que xa foi posto a disposición xudicial.

Por outra banda, a Policía Local do Porriño tamén informou do esclarecemento do roubo de dous vehículos, que foron subtraídos en Valencia e que foron recuperados e entregados ao seu lexítimo dono.

Para rematar, as mesmas fontes confirmaron que, no que vai de ano 2021 e ata o luns, tramitáronse 20 propostas de sanción nesta localidade por incumprir os protocolos anticovid.

Detido no Porriño un home ao que interviñeron 15 papelinas de...
ç