Detido en Tui ao agredir a un axente durante un control de alcoholemia

Os feitos tiveron lugar o pasado sábado
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library

A Policía Local de Tui detivo a un home que agrediu a un axente tras negarse a someterse a un test de alcoholemia.

Segundo informou este martes o Concello de Tui, os feitos tiveron lugar o pasado sábado pola tarde, cando axentes das Policía Local deron o alto a un condutor que circulaba de forma errática.

Os axentes sometéronlle a un primeiro test de alcoholemia cuxo resultado cuadriplicó a taxa legal permitida, de maneira que o acompañaron a dependencias policiais para sometelo á proba no etilómetro regulamentario.

Chegado a este punto, o condutor e negou a facer a proba e, no seu lugar, comezou a agredir a un dos axentes, polo que foi detido como presunto autor dun delito de atentado contra axente da autoridade, ademais de investigado por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas.

Por outra banda, a Policía denunciou administrativamente a última hora do domingo a un condutor en cuxo vehículo atopou varias doses de sustancias estupefacientes e que deu positivo na proba de consumo de drogas

Comentarios