Detidos dous homes na Guarda por unha vintena de roubos na mesma empresa

Levaron 2.000 quilos de recortes de aceiro inoxidable e depósitos
Material robado en una empresa de A Guarda. GC
photo_camera Material roubado nunha empresa da Guarda. GC

Dúas persoas foron detidas en A Guarda como presuntos responsables dunha vintena de roubos cometidos nunha empresa da localidade pontevedresa dedicada ao sector da caldedería. 

Diso informou este xoves a Garda Civil de Pontevedra, que iniciou unha investigación tras a denuncia presentada polo propietario do negocio polos roubos que sufría desde o mes de setembro. 

En total foron 19 roubos nos que levaron 2.000 quilos de recortes de aceiro inoxidable e depósitos que se almacenaban no interior dunha nave, á que accedían cun mando a distancia manipulado para abrir portas automáticas. 

O mando utilizado para abrir a nave na Guarda. G.C.

Realizadas as pescudas, os investigadores identificaron aos supostos autores dos roubos, que resultaron ser dous veciños da Guarda de 38 e 52 anos, respectivamente; e que contan un "amplo historial" de delitos contra o patrimonio e o tráfico de drogas.

Ademais, tamén se lles atribúe o roubo de case 1.500 litros de gasoil subtraídos do depósito que tiña a empresa e que manipulaban con outro dispositivo electrónico que lles outorgaba unha clave dá acceso para desbloquear a máquina. 

A Garda Civil recuperou parte dos efectos roubados nunha chatarrería da comarca do Val Miñor, onde os detidos almacenaban 400 quilos en recortes de aceiro inoxidable.