domingo. 25.07.2021 |
El tiempo
domingo. 25.07.2021
El tiempo

A Deputación de Pontevedra aproba diversas axudas para municipios

Carmela Silva. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Carmela Silva. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Tamén están destinadas a vías provinciais, sector primario ou para festivais de cine.

A xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra deu luz verde este luns a diversas axudas destinadas tanto a municipios, como vías provinciais, sector primario ou para festivais de cine.

Entre elas, destaca a aprobación de dous convenios para a mellora de vías provinciais por valor de 1,8 millóns de euros. Trátase dun convenio co Concello de A Illa de Arousa para a urbanización da Avenida Castelao (1,1 millóns) e outro con Tui para reforzar a seguridade viaria das estradas EP-2502 (470.000 euros) e da EP-3001 (140.000 euros).

Segundo destacou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, "nunca houbo tanto investimento nin planificación nas estradas provinciais como con este goberno", no que ao seu xuízo supón "un cambio radical" para estas vías a través de "proxectos integrais e transformadores".

Ademais aprobáronse este luns outros 500.000 euros para a liña 2 de Plan Concellos da que se beneficiarán 8 concellos. Catro deles destinarán estes fondos a amortización de pago de débeda e gasto corrente (é o caso de Cambados e Crecente) mentres que A Estrada destinará 328.000 ao reforzo dos labores de limpeza e desinfección e Salceda, a embelecemento de espazos públicos.

Carmela Silva tamén deu conta das axudas a festivais de cine que se organizan na provincia baixo márcaa Rías Baixas Filme Fest

Outros catro destinan este diñeiro a actividades socioculturais, como ocorre con Lalín, Nigrán, Ponte Caldelas e Vilagarcía.

Tamén se aprobaron axudas para o sector primario por un total de 500.000 euros para 17 cooperativas agrogandeiras e 21 confrarías e agrupacións de marisqueo de 26 concellos.

FESTIVAIS DE CINE. Para rematar, Carmela Silva tamén deu conta das axudas a festivais de cine que se organizan na provincia baixo a marca Rías Baixas Filme Fest. A dotación total é de 150.000 euros, son 20.000 máis que no pasado ano 2020.

Os beneficiados son os festivais de Cans (Porriño), Primavera de Cine (Vigo), Play-Doc (Tui), Festival Again de Cine Inclusivo (Vigo), Curtas Festival do Imaxinario (Vilagarcía), Galicia Freaky Filme (Vigo), Novos Cinemas (Pontevedra) e Curtas Armadiñas (Poio).
 

A Deputación de Pontevedra aproba diversas axudas para municipios
comentarios
ç