A Deputación de Pontevedra impulsa un Plan de Reactivación do destino Rías Baixas

O proxecto está dotado de 3,5 millóns de euros
Carmela Silva. DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
photo_camera Carmela Silva. DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este venres un Plan de Reactivación do destino Rías Baixas dotado con máis de 3,5 millóns de euros e que sitúa ao turismo como "eixo central da actuación". 

En rolda de prensa, Carmela Silva destacou o carácter "participativo" do plan e tamén sinalou que é unha iniciativa "transversal" con medidas concretas vertebradas en cinco eixos centrais: aspectos legais e financeiros; prevención, seguridade, saúde e hixiene; dixitalización e competitividade; fomento da demanda de produtos e servizos turísticos e promoción do destino Rías Baixas. 

O plan parte do escenario central que, segundo a presidenta da Deputación de Pontevedra, espera "unha recuperación rápida do turismo nacional e unha recuperación lenta do internacional", cunha caída de visitantes no 2020 do 53,96% e no 2021 do 22,51%. 

Carmela Silva tamén avanzou que van pór en marcha unha forte promoción nos destinos de proximidade, en España e o norte de Portugal", na que darán "a imaxe de destino seguro", engadiu.

A presidenta tamén indicou que na comunidade autónoma é a provincia de Pontevedra "a que ten un maior peso no sector do turismo"

DATOS XERAIS. Carmela Silva puxo en valor a importancia do sector turístico en España. "Somos o segundo destino internacional", sinalou, e que en Galicia, onde o turismo representa o 10,4% do PIB, hai máis de 200.000 empresas e 123.722 persoas ocupadas. 

A presidenta tamén indicou que na comunidade autónoma é a provincia de Pontevedra "a que ten un maior peso no sector do turismo". 

En canto ás cifras, a provincia de Pontevedra acolleu o ano pasado a 1,7 millóns de persoas viaxeiras das cales o 80,3% eran residentes en España. Neste ámbito, Silva fixo fincapé na importancia de dirixirnos "ao mercado de proximidade, xa que vai ser a primeira saída para o sector turístico". 

En canto á incidencia da Covid-19 no turismo, o estudo realizado no marco do Plan de Reactivación do destino Pontevedra provincia, no que participaron 200 empresas das diferentes comarcas da provincia, destaca que o 47% delas tiñan menos de 6 persoas traballadoras; o 86% das empresas tiveron que deter a súa actividade por completo e soamente un 13% puido manter o 25% da actividade; o 29% tivo que acollerse a un Erte de forza maior e o 25% por causas produtivas. 

As empresas sinalan, ademais, que ampliarán as medidas de prevención, seguridade e protección

Sobre as perspectivas de face ao segundo semestre do 2020, o 40% cren que terán menos dun 25% de actividade, un 37% entre un 25-50% de actividade e un 17% que non poderán renovar a súa actividade. 

As empresas sinalan, ademais, que ampliarán as medidas de prevención, seguridade e protección, reorientarán os seus produtos e servizos e incrementarán a dixitalización de canles de venda. Tamén, a través da enquisa

Comentarios