A Deputación lanza unha campaña para a reciclaxe e reutilización de lixo electrónico en 11 municipios

A sede de cada un dos concellos acollerá instalacións informativas sobre os Residuos Eléctricos e Electrónicos (RAEE) ademais de caixas de recollida para depositalos 
Presentación de la novedosa campaña de tratamiento de residuos. BEATRIZ CÍSCAR
photo_camera Presentación da nova campaña de tratamento de residuos este mércores no Pazo Provincial. BEATRIZ CÍSCAR

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este mércores unha campaña que pretende impulsar a economía circular e "frear o grave impacto" que producen os Residuos Eléctricos e Electrónicos (RAEE), tamén coñecidos como "o lixo electrónico". 

A presentación tivo lugar fronte ao Pazo Provincial nun acto no que a presidenta estivo acompañada dos representantes dos 11 municipios que se van a beneficiar directamente desta iniciativa ambiental coa adaptación integral de nove puntos limpos (Vilagarcía de Arousa, Meaño, A Lama, Silleda, Ponteareas, A Guarda, Gondomar, Nigrán e a Mancomunidade do Morrazo, que dá servizo aos concellos de Cangas, Bueu e Moaña). 

Carmela Silva destacou que "a provincia de Pontevedra vólvese a converter así nunha nova referencia europea, e incluso mundial", no marco da protección do medio ambiente e no cumprimento da Axenda 2030. O proxecto supuxo un investimento total de 2.145.000 euros e está cofinanciado ao 75% polo fondo europeo Feder. 

A campaña informativa consiste na instalación de tótems nas sedes de cada un dos concellos con información sobre os beneficios globais de tratar adecuadamente este tipo de lixo co obxectivo de incrementar a eficacia da súa recollida, explicaron. "Queremos que a cidadanía saiba onde e como depositar este tipo de aparellos para que sexan reciclados, reutilizados e darlles unha segunda vida", remarcou Carmela Silva, quen definiu o reaproveitamento de cada elemento como "un xesto que contribúe a frear o cambio climático", indicou. 

Para axilizar o depósito dos dispositivos máis usuais (con independencia de que poden entregarse tamén no punto limpo) colocaranse tres caixas de recollida en cada concello destinadas especificamente aos teléfonos móbiles e tabletas por unha banda, as pilas polo outro e, finalmente, os cargadores. O resto dos aparellos domésticos que funcionen con corrente deben entregarse directamente no punto limpo, ou ben solicitar a súa recollida por parte das empresas concesionarias. A campaña tamén facilita estas xestións con teléfonos de contacto e os horarios. 

As persoas que queiran participar na campaña e se acheguen para informarse recibirán como regalo unha bolsa de tea que contén un chaveiro cargador e un caderno e bolígrafo coa imaxe deste proxecto denominado Estraee (Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos RAEE).

CAAN. Por outra banda, a presidenta da Deputación provincial eloxiou o "cambio radical" que supuxeron as melloras realizadas pola institución no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) e que o converten en "referencia" no benestar dos cans que alberga ata lograr o obxectivo final da adopción. "O trato que lle damos aos animais defínenos como sociedade, e co CAAN somos xa unha referencia en benestar animal", destacou Silva, que coñeceu a reforma de man do veterinario xefe, José Luís Pedreira, e do deputado responsable do centro, Manuel González.

Comentarios