A Deputación de Pontevedra promocionará a formación da Escola de Cantería

Nestes momentos, o centro mantén aberto o prazo de inscrición, ofertando para este curso 35 prazas

Carmela Silva, en rueda de prensa. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
photo_camera Carmela Silva, en rolda de prensa. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou este luns a posta en marcha "dunha ambiciosa campaña informativa" para dar a coñecer a Escola de Cantería. 

Con motivo do inicio do novo curso, Carmela Silva, xunto á deputada de Emprego, Montse Magallanes, visitou este centro situado no Concello de Poio e considerado "unha referencia en España". 

Neste contexto, a presidenta provincial adiantou que "de xeito inmediato" a Deputación remitirá unha carta a todos os centros de educación secundaria e FP para anunciar a visita dun mestre canteiro para dar a coñecer ao alumnado a formación que se imparte na Escola de Cantería e as súas principais saídas profesionais. 

Tamén está previsto que en outubro se imparta esta formación no cárcere da Lama (serán tres horas diarias durante dous días á semana), así como aumentar as visitas de colectivos e centros educativos, asistir a feiras do sector e organizar intercambios con outras escolas de oficios de España. 

Nestes momentos, a Escola de Cantería mantén aberto o prazo de inscrición no centro, ofertando para este curso 35 prazas.

HOMOLOGACIÓN DO TÍTULO. En relación ao título de Cantería, a presidenta provincial informou que, neste momento, o goberno provincial ten en tramitación as obras, nas que van investir 400.000 euros, para acondicionar o centro para que cumpra con todos os requisitos legais para afrontar a homologación oficial do título de Cantería e recoñecer así a profesión. 
 

Comentarios