viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Pontevedra aspira a entrar nunha rede de rutas ciclistas cun itinerario de 303 quilómetros

Presentación da candidatura de Pontevedra a entrar na rede EuroVelo. DEPUTACIÓN
Presentación da candidatura de Pontevedra a entrar na rede EuroVelo. DEPUTACIÓN
A Deputación presenta a candidatura para incorporarse a EuroVelo. O percorrido deseñado toca 26 municipios da provincia

A Deputación de Pontevedra presentou a candidatura da provincia para entrar en EuroVelo, unha rede que integra 16 rutas de longa distancia que conectan todo o continente europeo con itinerarios ciclistas tanto de uso turístico como para a vida cotiá, avalados pola Federación Europea de Ciclismo. O obxectivo é que Pontevedra se integre na ruta coñecida como Atlantic Coast, que atravesa Noruega, Reino Unido, Irlanda, Francia, España e Portugal.

Para iso, deseñouse un percorrido duns 303 quilómetros por 26 municipios da provincia —entre Tui e Catoira— e que, segundo a Deputación, daría continuidade á actual EuroVelo de Portugal, que termina por agora en Caminha, e enlazaría coa ruta do Camiño de Santiago.

O percorrido, que deberá ser aprobado a principios de 2020 pola Federación Europea de Ciclismo, foi presentado este mércores aos concellos e a colectivos ciclistas por parte da presidenta da Deputación, Carmela Silva; o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, e a directora de Turismo da Xunta, Nava Castro. 

"A costa que temos debe ser a mellor de Europa e é incrible que aínda non exista esta ruta", sinalou Benítez, quen reivindicou o "enorme valor" da candidatura pontevedresa. Carmela Silva, pola súa banda, resaltou que a inclusión de Pontevedra nesta ruta "vainos dotar de máis visibilidade" en materia de turismo sostible.

A directora de Turismo de Galicia destacou que o "interesantísimo" percorrido proposto para esta vía permitirá a Galicia "atraer máis peregrinos", xa que as entidades do sector calculan que anualmente se realizan 2.300 millóns de viaxes en bicicleta, actividade que ten un impacto económico de 44.000 millóns.

Pontevedra aspira a entrar nunha rede de rutas ciclistas cun...
comentarios