Jueves. 15.11.2018 |
El tiempo
Jueves. 15.11.2018
El tiempo

Setembro estreáse na provincia de Pontevedra con 40 graos

Un home toma o sol. BRAIS LORENZO
Un home toma o sol. BRAIS LORENZO

As comarcas do Miño en Ourense e Pontevedra estarán este domingo en alerta laranxa

As comarcas do Miño en Ourense e Pontevedra estarán este domingo en alerta laranxa, entre as 15.00 e as 21.00 horas, ante a previsión de que se superen os 37 graos, e ata os 39 no caso da zona ourensá. Segundo recolle Meteogalicia, as altas presións e a proximidade de aire cálido procedente do sur deixarán temperaturas elevadas durante a tarde en Galicia. 

Deste xeito, tamén estará activa a alerta amarela, por previsión de que se superen os 36 graos, nas comarcas de Valdeorras, no sur e o noroeste de Ourense e o sur da provincia de Lugo. 

A alerta amarela, tamén se estende por previsión de máximas superiores aos 34 graos, á costa de Pontevedra e aos municipios do interior da provincia da Coruña. 

De feito, este sábado, primeiro día de setembro, chegáronse a superar os 40 grados en zonas como Arbo (40,9º) e A Arnoia (40,4º) e rozáronse en Redondela (39,5) ou Tui (39,5). En Pontevedra capital os termómetros marcaron 37,6 graos.

Setembro estreáse na provincia de Pontevedra con 40 graos
Comentarios